Taxas de licenzas

Na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia tense acceso ás tarifas vixentes das taxas administrativas. As relacionadas coa pesca marítima de recreo pódense consultar na seguinte ligazón:

D

Documentación relacionada

En concreto, as tarifas vixentes aplicables á concesión, renovación ou duplicado das licencias de pesca marítima de recreo, taxa có código 30.17.02, son:

  • Clase A: Licenza de pesca marítima recreativa en superficie

    Autoriza para exercer a pesca recreativa desde terra ou desde unha embarcación da lista sétima do rexistro de matrícula.

    A licenza anual ten unha taxa asociada de 4,01 €, de 3,21 € se é mensual.

  • Clase B: Licenza de pesca marítima recreativa para embarcacións da sexta lista

    Autoriza ao titular dunha embarcación da lista sexta do rexistro de matrícula cando esta se empregue en actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo.

    A licenza anual ten unha taxa asociada de 79,76 €, de 19,95 € se é mensual.

  • Clase C: Licenza de pesca marítima recreativa submarina

    Faculta para exercer a pesca recreativa nadando ou mergullando en apnea.

    A taxa anual é de 15,16 €, de 7,58 € se é mensual.

Por outra parte, a tarifa vixente aplicable á autorización de concursos e campionatos de pesca deportiva, taxa có código 30.17.04, é de 24,81 €.